Arrancamos con éxito a temporada 2020 na BTT-Resistencia

Share on facebook
Facebook
Share on whatsapp
WhatsApp

Iniciamos a nova temporada cas primeiras participacións nas dúas ligas das 3 Horas de BTT-Resistencia que veñen pisando forte nestes primeiros meses do ano. Por un lado, a Liga Galaica de Resistencia nos Concellos de Noia,  Ames e Camariñas e por outro, a I Copa Ourense Termal nos Concellos de Xunqueira de Ambía, Nogueira de Ramuín e Piñor.

Varios corredores do equipo Bici Verde pisaron os podios de ambos circuitos: Yago Fernández, 6º na xeral e 1º máster 40 na meta das 3H de Resistencia no Concello de Noia. O mesmo día, pero na provincia de Ourense, subían os podios do Concello de Xunqueira, Silvia García, 2ª da clasificación xeral femenina e Alberto Pedreira, 1º formando equipo de relevos de 3 corredores, xunto a Juan Sancosmed e Jairo Uriz, do Burgas Coluer Factory Team 2. Na clasificación xeral individual , Iago Leirós, clasificabase no posto 29º

Biciverde | 83535717 10207084163459919 341182400878870528 N

También podría gustarte...