O Campionato de Galicia XCO 2023 con sede en Outeiro de Rei (Lugo) celebrouse con excelente participación femenina para o noso equipo.
Raquel Román proclamábase Subcampioa de Galicia en categoría élite e Silvia García, campioa de Galicia máster 40.
Destacar tamén os resultados top-ten dos nosos corredores: Alberto Pedreira, 5º élite e Manuel Gómez, 4º máster 50.




