Silvia García e Manuel Gómez estrean podio no III Trofeo BTT-XCO Grupeta Pan de Zarko- Copa Galicia#1

Share on facebook
Facebook
Share on whatsapp
WhatsApp

Tras máis dun ano de parón debido á pandemia do COVID-19, regresaba a competición do Cros Country Olímpico ao calendario galego. A primeira cita da Copa Galicia XCO 2021 tivo lugar no Concello da Cañiza coa celebración da terceira edición organizada pola Grupeta Pan de Zarko, C.

O equipo Bici Verde participou con 7 corredores, dos cales destacamos a Silvia García sendo a gañadora en categoría máster feminina e Manuel Gómez que obtivo a terceira praza nos máster 50. Alberto Pedreira, Óscar Lorenzo, Uxío Alonso (estreando as cores do club), Iago Leiros e Esteban Lorenzo finalizaron a competición en todas as súas categorías.

Biciverde | 51137985512 8a61d83eda B

También podría gustarte...