XII BTT Concello de Gondomar – Regulamento

Share on facebook
Facebook
Share on whatsapp
WhatsApp

REGULAMENTO – XII BTT CONCELLO DE GONDOMAR

ART. 1  – Presentación

O domingo, 6 de outubro de 2019, en Gondomar (Pontevedra), o Club Ciclista Bici Verde organiza o XII BTT CONCELLO DE GONDOMAR coa colaboración do Concello de Gondomar e as Comunidades de Montes en Man Común de San Bieito, Mañufe, Couso, Santa Eulalia de Donas e Borreiros, e coa debida autorización da Federación Galega de Ciclismo.

ART. 2 – Carácter da proba

O XII BTT CONCELLO DE GONDOMAR é unha marcha de Ciclismo para Todos BTT de carácter non competitivo cunha distancia total de 36 kms, un desnivel acumulado de 1.100 metros e unha dificultade técnica media-alta.

ART. 3 – Lugar de saída e chegada

A marcha está clasificada como marcha ciclodeportiva de velocidade libre a excepción dos primeiros metros que serán neutralizados. A saída e chegada situarase na Praza do Concello de Gondomar percorrendo as inmediacións das Comunidades de Montes de San Bieito, Couso, Mañufe, Santa Eulalia de Donas e Borreiros. Así mesmo, establecerase un horario de fóra de control podendo redirixir aos participantes que queden especialmente atrasados para un punto de control máis avanzado.

ART. 4 – Horario

A marcha comezará as 9.30horas do domingo, 6 de outubro e rematará a as 14.00 horas

ART. 5 – Participación

O XII BTT CONCELLO DE GONDOMAR está aberta a todo tipo de ciclistas que estean en posesión da licenza federativa do ano en curso, maiores de 15 anos. Os que non posúan dita licenza, poderán tramitar a licenza dun día da Federación Galega de Ciclismo (con seguro de accidente deportivo e responsabilidade civil). Para os participantes con licenza de un día e que sexan menores de idade deberán presentar autorización paterna ou materna.

ART. 6 – Inscrición e prezos

A cota de inscrición será de 8 euros para os participantes federados coa súa licenza anual en curso. Para os non federados permitirase realizar a licenza dun día a un prezo 15 euros, incluindo o seguro dun día. Para os participantes con carnes ciclistas ou licenzas de triatlón o prezo será de 10 euros. A inscrición o mesmo día do evento será de 12 euros, soamente para os corredores federados coa licenza anual. Esta debe ser presentada xunto ao DNI no momento de realizar a inscrición.

A inscrición realizarase a través da páxina www.magmasports.es realizando o pago por TPV ata o día 3 de outubro ás 23:59 horas cun límite de participación de 300 participantes. En caso de non cubrir a cota máxima de participación, permitirase a inscrición o mesmo día do evento dende as 8:00 ata as 9:00 horas, soamente para os participantes con licenza federativa anual e cun cargo económico descrito anteriormente.

ART. 7 – Dorsais e material

A recollida de dorsais realizarase o mesmo día da marcha, domingo 6 de octubre, na Praza do Concello de Gondomar, en horario de 08.00 a 09.00 horas. Asignarase un dorsal persoal e intransferible a cada participante. Soamente serán considerados participantes aqueles que realicen a inscrición correctamente e porten o seu dorsal visible en todo momento. Será obrigatorio o uso do casco protector regulamentario. Cada participante será responsable do seu material e bicicleta, eximindo á organización en caso de roubo.

Se permitirá a participación de bicicletas eléctricas

ART. 8 – Control de tempos STRAVA

Non haberá control de tempos, nin clasificación final da totalidade da marcha, pero sí a organización marcará unha serie de tramos STRAVA. Para o control destes tramos, os participantes deberán estar dados de alta e levar activo o programa ata a finalización da marcha. Ao remate da mesma, entregarase un obsequio aos participantes masculinos e femininos máis rápidos dos  tramos sinalados pola organización. Quedarán excluidos os participantes de bicicletas eléctricas.

ART. 9 – Avituallamentos

A organización porá a disposición dos participantes avituallamiento sólido e líquido tanto no trascurso do percorrido, como na chegada a meta.

ART. 10 – Seguridade

O XII BTT CONCELLO DE GONDOMAR conta cun seguro de accidentes e responsabilidade civil contratados pola Federación Galega de Ciclismo. A organización porá a disposición dos participantes, a colaboración da Policía Local do Concello de Gondomar, Protección Civil de Val Miñor, ambulancia e médico.

ART. 11 – Servizos

A organización porá a disposición dos participantes un servizo de recollida en caso de avaría, duchas e lavado de bicicletas no Pavillón de Deportes do Concello de Gondomar.

ART. 12 – Obsequios

Ao comezo da proba os participantes recibirán un obsequio conmemorativo da mesma.  Ao finalizar, realizarase unha entrega de obsequios aos seguintes participantes debidamente identificados:

  1. Ao participante máis novo masculino e feminino
  2. Ao participante máis maior masculino e feminino
  3. Ao club máis numeroso
  4. Ao participante máis afastado
  5. Aos participantes máis rápido/a nos tramos STRAVA
  6. Aos participantes empadroados no Concello de Gondomar

ART. 13 – Responsabilidade

Todos os participantes considéranse en excursión persoal, debendo aterse ás mencionadas normas do vixente Regulamento Xeral da Circulación, considerándose persoalmente responsables, das infraccións que poidan cometer.  Todos os participantes deben respectar a contorna polo que transcorre a proba, quedando  terminantemente prohibido tirar lixo en todo o percorrido fóra da zona de avituallamiento onde se habilitará un sitio para elo.

ART.14 – Modificacións no regulamento

A organización resérvase o dereito de modificar todo o relativo a organización da proba: itinerarios, horario de saída,  avituallamiento, etc… cando os motivos ou circunstancias así o aconsellen.

ART.15 – Dereitos de imaxe

A aceptación deste regulamento xunto ca inscrición na marcha implica que os participantes dan o seu consentimento a organización para a captación da súa imaxe por distintos medios, autoriza ante a posible difusión da súa imaxe en medios como prensa, redes sociais, páxinas web.

ART.16 –Protección de datos

O tratamento dos datos persoais dos participantes estarán exclusivamente destinados a xestión administrativa da proba.

ART.17 – Aceptación do regulamento

O mero feito de inscrición nesta marcha implica a aceptación do presente regulamento.

XII BTT Gondomar

También podría gustarte...

Cerrar menú